mércores, 20 de decembro de 2017

NADAL EN GALEGO

Aí quedan as propostas deste ano para ler no Nadal, na nosa lingua.



Aquí podes descargar o cartel, compartilo, imprimilo....:




Ademais, este ano irncorporamos unha novidade. A versión en vídeo:

O IES Antón Losada na Festa da Poesía

Un ano máis o EDL do Losada enviou unha moi digna representación á Festa da Poesía que organiza o Concello da Estrada. Nesta ocasión foron dúas alumnas de bacharelato, Rebeca Mata e Lorena Rodríguez as que fixeron unha excelente lectura dos poemas. Aí quedan as imaxes:

Avelaíñas teatro na Homenaxe a Olimpio Arca

Un ano máis o noso grupo de teatro participou con gran éxito na Homenaxe teatral ao profesor estradense e escritor Olimpio Arca Caldas. Os rapaces e rapazas do Losada foron os encargados de poñer o peche, magnífico, ao certame no que participaron os IES da Estrada, o pasado 23 de novembro. Un día antes tocaralle aos coles do concello. Picando na imaxe podes ver as mellores fotos do evento.


https://photos.app.goo.gl/BBGMj2FmifMLsq0K2

Aquí podes ver o vídeo coa súa actuación:


domingo, 3 de decembro de 2017

Contra a violencia machista no Losada. De igual a Igual.

Interpretación da peza De igual a igual por parte do alumnado do IES Antón Losada Diéguez da Estrada o 24 de novembro no vestíbulo do centro, con motivo da celebración do Día contra a violencia de xénero. Idea e letra de 2º ESO B (Titoría). Música: Matriarcas de Guadi Galego.
Colabora o Coro do Losada.

martes, 28 de novembro de 2017

Mutacións xenéticas no Club de lectura.

Nova, amena e interesante sesión no Club de Lectura do IES Antón Losada Diéguez. As rapazas e rapaces de 1º leron e disfrutaron das Mutacións Xenéticas de Fina Casalderrey. Foi o pasado 21 de novembro.





luns, 27 de novembro de 2017

O vídeo dos Diálogos Científicos no Losada

O pasado 7 de novembro o alumnado de 1º e 2º Bac achegou ao resto da comunidade educativa diversos contidos científicos de xeito ameno e entretido. Foron Diálogos Científicos. Aquí queda o vídeo da iniciativa.

Foi un proxecto do EDL, do Departamento de Bioloxía e do Departamento de Matemáticas.






Quedan tamén as imaxes da entrega de diplomas ao alumnado participante, que se celebrou o pasado 22 de novembro.

mércores, 15 de novembro de 2017

Club lectura 3º ESO. Lendo REO

O pasado martes 31 de outubro xuntouse o club de lectura de 3º ESO, alumnado xa veterán na actividade. Leron REO, de Xesús Fraga e falaron moito sobre o libro. Ao final animáronse a probar cuns TAGS.
Aí quedan as imaxes:





domingo, 5 de novembro de 2017

Día da Ciencia en Galego 2017

Comezamos coas actividades que celebraremos no IES Antón Losada Diéguez para reivindicar, unha vez máis, a utilización da nosa lingua nos ámbitos e materias científicas.


Trátase dunha serie de DIÁLOGOS CIENTÍFICOS  e divulgativos que serán expostos de xeito ameno e divertido por parte de alumnado dos cursos de Bacharelato aos rapaces e rapazas da Educación Secundaria. A astronomía, os incendios, a trigonometría, as ETS, etc. centraran estes diálogos que terán lugar o próximo martes, día 7, no Salón de Actos do Losada.

Horario:


De 10:45 a 11:35

2º de ESO E 4º DE ESO



De 11:35 a 12:25

1º de ESO e 3º de ESO


A actividade está organizada polo EDL Losada e polos departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía, e de Matemáticas.


mércores, 1 de novembro de 2017

xoves, 26 de outubro de 2017

O club de lectura do Losada bota a andar.

Un novo curso no Clube de Lectura do IES Antón Losada Diéguez. Retellador@s do Galiñeiro amplía a súa oferta. Club de Lectura de 1º e 2º, Club de 3º, e Club de 4º. E tamén de profes.

Este martes, día 24 de outubro foron os/as máis peques os que comezaron cunha entretida sesión arredor de Astérix, co volume O papiro do César. Aí quedan as imaxes:




xoves, 28 de setembro de 2017

O Coro IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ convoca reunión

Co inicio do curso chega a convocatoria do Coro do centro para unha reunión informativa con todas as persoas interesadas en formar parte do mesmo.



Reunión:     
MARTES 3 de  OUTUBRO               
1º recreo
AULA  202 (MÚSICA)

Os ensaios do coro serán os días:

MARTES (1º recreo)
MÉRCORES (1º recreo)
XOVES (1º recreo)
 

xoves, 14 de setembro de 2017

Benvido curso 2017-2018

Mañá venres, día 15 de setembro, comezarán as clases deste novo curso 17-18. Dámoslle a benvida e ofrecemos, un ano máis, os materiais dirixidos especialmente ao profesorado realizados pola Coordinadora Galega de EDL: calendario e diversos materiais de utilidade para o seguimento das aulas. Agardamos que sexa do voso proveito. 
Podes acceder a eles picando na imaxe:


http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_calendario.php

Aproveveitamos para desexarche un bo curso e tamén un bo curso para a nosa lingua.


martes, 27 de xuño de 2017

Os vídeos do Intercambio co Hockerill College

Aí queda unha mostra da actuación musical do alumnado do Losada o pasado 18 de outubro de 2016 na recepción ao Hockerill College iglés que nos visitou naquela data. A crónica da actividade podes recordala aquí: Intercambio Losada Diéguez-Hockerill College

O coro do IES Antón Losada Diéguez interpreta Camariñas




O grupo de música tradicional interpreta Baixando para a Salgueira e o público bótase a bailar:

domingo, 25 de xuño de 2017

Revista E logho? 2017

Xa está aquí ELOGHO?
Máis páxinas que nunca.
Máis imaxes que nunca.

A portada e a contra:


Aquí pódela ler, descargar, imprimir. A toda cor:


O IES Losada na IV Festa das Palabras_Dinamizaestrada. As imaxes

O pasado 4 de xuño, un abarrotado Teatro Principal da Estrada acolleu a IV Edición da Festa das Palabras na que se entregaban os premios do Concuros de microrrelatos e micropoemas organizados polos EDL dos centros educativos da Estrada, DINAMIZAESTRADA.
A presentación correu a cargo do alumnado do IES García Barros, que fixo un excelente traballo. Como padriño, tivemos o pracer de escoitar ao escritor Antonio García Teijeiro, que convidou a todos e a todas as presentes a porfiar no uso da nosa lingua.
A parte musical deste ano correu a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez" que interpretou para abrir o acto Vexo, de Acadacanto. No medio do mesmo, Iván Calviño Soto, integrante do coro presentou a súa versión rapeada de Adiós ríos, adiós fontes. Para rematar o acto, o Coro no medio de todos e todas as premiadas interpretou Quen poidera namorala, a partir da versión de L. E. Batallán e unha orixinal versión de Imagine, con recitado en galego a cargo de Verónica Vázquez e Iván Calviño. A intervención do Coro recibiu unha das grandes ovacións da noite.
Aí quedan as mellores imaxes da xornada, na que, unha vez máis o alumnado do Losada estivo presente. Parabéns a todos. 











mércores, 14 de xuño de 2017

Teatro no IES Antón Losada. Teatro Solidario As Insuas


O pasado 30 de maio, o grupo de Teatro Solidario As Insuas, de Muros achegouse ao noso IES para por en escena a obra ABUSÓNS S.A.
Tratábase dunha interesante proposta que se achegaba ao tema do abuso e malos tratos no ámbito escolar e social. O alumnado do Losada, que enchía o Salón de actos aplaudiu con efusividade a posta en escena e mesmo tivo a ocasión de debater co elenco e o director ao remate da actuación.

Aí quedan as imaxes










venres, 2 de xuño de 2017

O IES Antón Losada Diéguez na IV Festa das Palabras.




O pasado martes, 30 de maio,  presentouse no Concello da Estrada a 3º Edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e a Concelleira de Educación, Amalia Goldar.

Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.

Deuse a coñecer tamén o padriño desta nova edición, que neste caso será o escritor Antonio García Teijeiro. A parte musical da festa correrá a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez"

A data de celebración do evento será o próximo martes 6 de xuño, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Carlos Casares  debían incluír as palabras VENTO e VERÁN, respectivamente.

Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.


Destacar que nesta ocasión estarán presentes, unha vez máis, 6 alumnos e alumnas do IES Antón Losada Diéguez, que acadaron premios nas súas catergorías.



Elena Bernárdez, Antía Sala, David Álvarez, Andrea Fraiz, Noa Puente, Juan José Rey

Ademais o Coro do IES Antón Losada Diéguez será o encargado de poñer a parte musical do evento coa interpretación de varias pezas.


Coro IES Antón Losada Diéguez

xoves, 1 de xuño de 2017

Mención especial para A piña de Regiomontano



As alumnas do IES Antón Losada Diéguez Aroa Ríos Torres, Sandra Vázquez Silva e Nerea Iglesias recolleron a mención especial polo traballo A piña de Regiomontano. Foi nun acto celebrado na Facultade de Matemáticas de Santiago no que se entregaban os premios do certame EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0 organizado polo Servizo de Normalización Lingüística desa Facultade.

Velaí a acta do Xurado:

Noméanse  gañadores  do concurso EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0 na súa edición do 2017 ós seguintes vídeos:
1.       Na Categoría A (2º Ciclo da ESO e Bacharelato e ciclos de Formación Profesional) ó traballo   Fractais: copa de neve de Koch, de Irene Pereira Reboredo de 3º da ESO do IES Castro Alobre de Vilagarcía. Baixo a titorización de Ana María Fernández Barros.
2.       Na Categoría B (Universidade) ó vídeo Poden os ourizos voar?, de Brais Fortes Novoa alumno de Mestrado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao.
3.       Como  vídeo mellor valorado polos internautas:  As relacións trigonométricas e o teorema de Pitágoras no dab, de Andrés Vázquez García . Baixo a titorización de María Teresa Díaz López.  
4.         O xurado tamén  acordou conceder dúas mencións honoríficas, unha  na categoría A ó vídeo  A piña de Regiomontano, de Aroa Río Torres, Sandra Vázquez Silva e Nerea Iglesias Espiño do IES Antón Losada Diéguez da Estrada. Baixo a titorización de Cibrán Manuel Arxibai Queiruga. E outra na categoría B ó traballo As matemáticas da música, de Lois Pimentel Iglesias, alumno de grao en Económicas na USC.

Podes ler máis información sobre o acto no blog: Retallos de Matemáticas

Aí queda, unha vez máis o vídeo realizado polas nosas compañeiras: