mércores, 26 de outubro de 2016

Entrega de premios do Concurso de Lemas no Día da Biblioteca.

O pasado luns, 24 de outubro, e día Internacional das Bibliotecas, entregáronse os premios do I Concurso de Lemas de animación á lectura. O acto celebrouse na Biblioteca do Centro e o xurado valorou moi positivamente a participación do alumnado e a calidade dos traballos presentados. Os premios foron os
seguintes.



 Mostra cos orixinais gañadores

 Asistentes á entrega de premios
 
 Entrega de premios
 
Premiados e premiadas

mércores, 19 de outubro de 2016

A crónica do encontro musical e cultural co Hockerill Anglo-European College

Día intenso o do martes 18 de outubro, no IES Antón Losada. A música encheu a mañá no centro, grazas á visita dunha comitiva de case 50 persoas, alumnado e profesores do colexio Hockerill, especializado en ensinanzas musicais.

Arredor das 10 da mañá facían chegada en autobús, e foron recibidos polo profesorado organizador e pola Dirección do centro e polo alumnado do Coro.



A partir das 11, comezou no Salón de Actos o encontro musical. O Coro do Losada interpretou pezas do repertorio tradicional na nosa lingua. Estiveron acompañados polo grupo de música tradicional que fixo as delicias dos nosos convidados. Remataron bailando de xeito espóntaneo cos nosos rapaces e rapazas.




Como remate á benvida musical e cultural, proxectouse un vídeo elaborado polo Equipo de Audiovisuais do EDL Losada, en galego e inglés, sobre os aspectos máis salientables do noso Concello.

A seguir tivo lugar a esperada actuación da Big Band do Hockeril Anglo-European College, que fixo un percorrido por diferentes pezas da música contemporánea. A calidade interpretativa dos rapaces e rapazas de Hockerill non deixou indiferentes aos asistentes, que aplaudiron cada peza de xeito entusiasta. O concerto rematou co intercambio de agradecementos despois dunha magnífica sesión de encontro musical.


Ao mediodía, a comitiva do Hocckerill College, acompañada dun grupo de alumnos e alumnas de Bacharelato do Losada, dirixiuse ao adro da parroquia de Ouzande, onde compartiron a hora do xantar, á que seguiu unha visita guiada á Igrexa Románica de Ouzande. Esta  rematou coa inesperada e magnífica interpretación por parte dun Coro formado por alumnos e alumnas do Hockerill, dunha peza polífonica do século XVIII dentro do templo ouzandés, que emocinou aos presentes pola súa fermorsura e calidade.

A tarde rematou cun relaxado paseo pola contorna da Fervenza de Ouzande e os seus Muíños.





A actividade foi organizada polo Departamento de Música do IES Losada Diéguez, e contou coa colaboración do Dto. de Inglés, do EDL Losada, e da AC A Fervenza de Ouzande.

sábado, 15 de outubro de 2016

O Coro do Losada participa no Intercambio musical e cultural co HOCKERILL ANGLO-EUROPEAN COLLEGE



O próximo martes, 18 de outubro, o IES Antón Losada recibirá a visita dun grupo de perto de 50 alumn@s e profes do Hockerill Anglo-European College, co que se realizará un intercambio musical e cultural. No salón de Actos do Losada terá lugar un concerto no que interpretarán pezas os nosos convidados e convidadas e tamén o Coro do Losada e o grupo de música tradicional do mesmo. A seguir deixamos imaxes dos ensaios que veñen realizando para a ocasión.



 Tamén se desprazarán á parroquia estradense de Ouzande, onde farán unha visita á Igrexa románica de San Lourenzo, á que seguirá un percorrido pola fermosa contorna dos Muíños da Fervenza de Ouzande.


A actividade está organizada polo Departamento de Música, e conta coa colaboración do Dto de Inglés, o  EDL Losada e da AC A Fervenza de Ouzande.



venres, 14 de outubro de 2016

O Club de Lectura do Losada inicia as súas actividades deste curso.

No día de hoxe tivo lugar a presentación do Club de Lectura do IES Antón Losada Diéguez. Tratábase dunha primeira xuntanza de todos e todas as interesadas, realizada na Biblioteca do centro.
Na imaxe vemos o nutrido grupo de 1º e 2º de ESO que comezará as súas lecturas lendo a Asterix. Será nesta ocasión O PAPIRO DO CÉSAR.